O pasado 16 de agosto tivemos a honra de recibir ao Dr. Bruno Díaz López, fundador do prestixioso Instituto BDRI. Impartiu unha fascinante charla titulada “O Apaixonante Mundo da Investigación dos Cetáceos”, na que compartiu os seus coñecementos sobre baleas, golfiños e candorcas. Grazas ao Dr. Díaz López e a todos os asistentes por facer desta xornada un éxito de divulgación científica!