escola de vela

Aprende a navegar nas augas das Rías Baixas

Escola de vela en San Vicente do mar

Nos meses de xullo e agosto, o Club Náutico San Vicente do Mar desenvolve a súa tradicional Escola de Vela, unha actividade pensada para nenos e adultos a partir de 8 anos, con ou sen experiencia previa.

As clases impárteas a monitora Estela Marina Quintillás, profesional con ampla experiencia na formación náutica e na docencia deportiva.

Vive o mar, aprende a navegar

Se queres descubrir o mundo da vela, compartir experiencias e gozar do mar en contacto coa natureza, a Escola de Vela é o teu punto de partida.
Navega, aprende e divírtete nas Rías Baixas!

As inscricións poden realizarse directamente no Club Náutico San Vicente do Mar ou a través do formulario