ENTORNO E MEDIOAMBIENTE
Un club comprometido coa natureza das Rías Baixas
O Club Náutico e o medio ambiente
O Club Náutico San Vicente do Mar está situado nun entorno privilexiado, moi preto do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, do Humedal Intermareal Umia-O Grove, da Lagoa da Bodeira e da recoñecida praia da Lanzada.
A súa localización, unida ao profundo respecto polo medio ambiente que amosan socios, visitantes e tripulacións, converten ao club nun referente de sustentabilidade e conservación da natureza.
A súa directiva leva anos apostando pola divulgación ambiental, a cultura mariña e a concienciación social, a través de múltiples accións e colaboracións.
Cultura e divulgación ambiental
O compromiso do club co medio ambiente reflíctese nunha ampla traxectoria de actividades culturais e educativas, entre as que destacan:
Colaboración na publicación
do libro “Fauna e Flora Mariña das Rías Baixas”, con fotografías de Rafael Sanmartín e textos de José Luis Escalante González.
Charlas divulgativas
como “Calidade ambiental, paradigma da calidade de vida”, impartida polo Dr. José Miguel Rey Salgado, catedrático de Zooloxía da Universidade de Santiago.
Visitas guiadas e roteiros interpretativos
publicación de folletos explicativos e outras actividades abertas á comunidade.
Distincións de calidade
O Club Náutico San Vicente do Mar conta coa distinción da Bandeira Azul, outorgada por ADEAC, que recoñece a calidade das súas augas, a correcta xestión ambiental e o compromiso co coidado do litoral.
Ademáis, conta coa Q de Calidade Turística e a S de sostenibilidade, otorgados polo ICTE e o sello de Compromiso Calidad Turística otorgado polo SICTED.
Entorno
Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas
Os arquipélagos de Sálvora, Ons e Cíes, situados na boca das rías galegas, están fortemente influenciados polo océano Atlántico, mentres que Cortegada conserva un carácter máis estuarino e protexido.
As illas oceánicas presentan climas suaves e secos no verán, con acantilados de máis de 100 metros, furnas mariñas e costas orientais máis brandas, onde alternan praias, dunas e pequenos cantís.
Este entorno natural é unha xoia ecolóxica e un exemplo do equilibrio entre mar e terra que caracteriza ás Rías Baixas.
Zona Humedal Intermareal Umia-O Grove
Este espazo natural, que se estende entre as rías de Arousa e Pontevedra, está formado por catro áreas principais:
Punta do Carreirón e os illotes próximos (Rúa, Guidoiro Areoso, Guidoiro Pedregoso).
A ensenada de O Grove e o estuario do río Umia, con amplas zonas intermareais.
O tómbolo da Lanzada, que separa o interior da ría do mar aberto.
A Lagoa da Bodeira e o sistema dunar da praia da Mexilloeira, únicos pola súa biodiversidade.
Trátase dun ecosistema de gran valor ecolóxico e paisaxístico, declarado Zona Húmida de Importancia Internacional (RAMSAR).
Boas prácticas ambientais
No club promovemos a xestión sostible e o uso responsable dos recursos, tanto nas instalacións como nas actividades náuticas:
- Aforro de auga e enerxía.
- Correcta xestión de residuos e verteduras.
- Uso de produtos ecolóxicos e biodegradables.
- Control e seguimento da calidade das augas.