O pasado 3 de agosto, o noso Club tivo a honra de colaborar activamente na organización da “XIII Bandeira Virxe do Carme”. Este evento formou parte do prestixioso “Campionato da Liga Galega de Traiñeiras”, reafirmando o noso apoio aos deportes náuticos e á tradición marítima galega. Un día de gran competición e moita emoción!