A NOSA HISTORIA
Situado nun entorno privilexiado das Rías Baixas, na península de O Grove
A excelencia como valor primordial
O Club Náutico San Vicente do Mar está situado nun entorno privilexiado das Rías Baixas, no corazón de O Grove, moi preto do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Lat: 42°27’47’’ N – Lonx: 08°55’10’’ W).
Este enclave único combina natureza, cultura e tradición mariñeira, converténdose nun punto de encontro para os amantes do mar e da navegación responsable.
Desenvolvemos as nosas actividades arredor do porto de Pedras Negras, na península de O Grove, recoñecido como porto estratéxico por Portos de Galicia.
Contamos con 120 amarres para embarcacións de entre 6 e 12 metros de eslora e 10 prazas para transeúntes.
Os nosos comezos
Dende a súa creación en 1998, o Club Náutico San Vicente naceu cunha clara vocación de difundir os valores do deporte, da cultura e do respecto polo medio ambiente.
Dende entón impulsamos o deporte náutico a través da nosa escola de vela, organizamos regatas, concursos de pesca deportiva, conferencias culturais e medioambientais, e otras actividades que fortalecen o vínculo entre a sociedade e o mar.
Amarres
Contamos con 120 prazas de amarre, das cales 10 están destinadas a prazas de Tránsito.
Medioambiente
Na actualidade contamos coa distinción da Bandeira Azul outorgada por Adeac.
Actividades
Fomentamos a paixón polo mar coas nosas actividades náuticas que conectan deporte e espírito mariño.
Novas
Desde exposicións de arte a conferencias, concursos de pesca ou homenaxes a figuras da náutica e a cultura.
Actualidade
Hoxe en día
Hoxe, o Club Náutico San Vicente do Mar é un referente pola calidade das súas instalacións e servizos.
Posúe o distintivo de Bandeira Azul e a certificación Q de Calidade Turística, que recoñecen o seu compromiso coa excelencia, a seguridade e a sustentabilidade.
O noso club é máis ca un porto deportivo: é un espazo de convivencia, aprendizaxe e paixón polo mar.
Traballamos cada día para ofrecer aos nosos socios, visitantes e amigos unha experiencia única nas Rías Baixas, onde o deporte, a cultura e o respecto polo medio ambiente van da man.