Amarres en Pedras Negras

O teu porto seguro nas Rías Baixas

Capacidade e dimensións

O Porto de Pedras Negras, xestionado polo Club Náutico San Vicente do Mar, conta con 120 prazas de amarre, das cales 10 están destinadas a tránsito.
As prazas admiten embarcacións de 6 a 12 m de eslora (máx. 4 m de manga) e dispoñen dun calado de 4 m en baixamar e 7 m en preamar.

Servizos incluídos no amarre

Auga doce

a pe de pantalán

Electricidade

para embarcacións

Atención de marinería

e apoio á manobra

Entorno natural privilexiado

con abrigo e fácil acceso ás Rías Baixas

TRÁNSITO

Tránsito: pre-reserva sinxela e 24/7

Se precisas unha praza de tránsito, podes:

Cubrir o formulario de pre-reserva en liña, ou

Chamar ao +34 637 080 477 (24 horas, todo o ano)

(Recomendamos pre-reservar nas semanas de maior afluencia para garantir dispoñibilidade.)

Pre-reserva de praza de tránsito online

Entrada desde terceiros países

Código de Fronteiras Schengen

As embarcacións que cheguen directamente de terceiros Estados pertencentes á zona Schengen sen escalar nun punto fronteirizo habilitado (Vigo, A Coruña ou Ferrol) deben:

Solicitar autorización

de atraque no porto

Enviar ao correo do club

o formulario PDF correspondente

Agardar a confirmación

da autorización antes de facer escala